A medranza do mango a partir de semente
Debería sementar sementes recién colleitadas para acada-los mellores resultados de xerminación. Remolle as sementes en auga a unha temperatura de 20–25 °C durante unhas 2–6 horas.
venres 26.3.2010 22:12 | Imprima | Plantas exóticas, Instruccións sobre o cultivo das plantas
Mango Kalimantan, Kasturi (Mangifera casturi)
O mango Kalimantan (Mangifera casturi), coñecido localmente coma Kasturi, é unha árbore froiteira tropical de 10–30 m de altura, endémica dunha área moi pequena arredor de Banjarmasin no sur de Borneo (Indonesia). Hoxe en día está extinguido no medio natural debido á tala ilegal; nembargantes é aínda frecuentemente cultivado nesa área polos seus deliciosos froitos.
xoves 25.3.2010 22:08 | Imprima | Plantas exóticas
Árbore do pan Artocarpus odoratissimus, Marang
O xénero da árbore do pan (Artocarpus) consiste nunhas 60 especies de árbores tropicais sempreverdes da familia Moraceae (familia da moreira ou da figueira). Están presentes no sueste de Asia e as illas do Pacífoco. A árbore do pan está estreitamente emparentada cos Ficus (Figueiras). A árbore do pan máis cultivada é Artocarpus altilis. Outras especies coma Artocarpus communis, Artocarpus integer (Cempedak), Artocarpus heterophyllus (Jackfruit, Nangka) e Artocarpus odoratissimus (Marang) son parte tamén da familia da árbore do pan.
martes 23.3.2010 22:07 | Imprima | Plantas exóticas
Palmeira Parajubaea torallyi (Palmeira Chico, cocoteiro de montaña de Bolivia)
Parajubaea torallyi é unha elegante plama resistente de Sudamérica. Nembargantes, é raramente cultivada polos xardineiros fóra do seu hábitat natural, Bolivia, debido ás súas grandes sementes (o que significa altos custos de transporte)
Nativa de Bolivia, medra nos secos e poirentos vales interandinos a unha altitude de 2700–3400 m sobre o nivel do mar. Así pois, esta palmeira é a que a maior altitude medra no mundo.. A temperatura raramente supera os 20 °C e as xeadas nocturnas non son raras a esta altitude. A temperatura a miúdo cae ata –7 °C duranta os meses de inverno (xullo e agosto) e a choiva anual é tan só de 550 mm.
Mangos de Indonesia
Na illa de Borneo (Indonesia) hai presentes 34 especies de mangos (Mangifera). Moitos deles están seriamente en perigo de extinción debido á deforestación. Algunha das especies de mango, como o mango de Kalimantan (Mangifera casturi) está xa prácticamente extinto en estado silvestre.
Outros mangos de Borneo son por exemplo Mangifera griffithi (coñecidos cos seguintes nomes locais: asem raba e romian), Mangifera pajang (asem payang), Mangifera quadrifida (asem kipang) e Mangifera torquenda (asem putaran).
sábado 13.3.2010 22:41 | Imprima | Plantas exóticas
Palmeira tolerante ás xeadas Rhapidophyllum hystrix (a palmeira agulla)

Rhapidophyllum hystrix
Rhapidophyllum hystrix é unha das especies de palmeira máis tolerantes ó frío. Só hai unha especie no xénero Rhapidophyllum. O hábitat natural desta palmeira son as zonas húmidas do sueste dos Estados Unidos de América; nembargantes, debido á súa tolerancia ás xeadas que é de ata – 20 °C, é unha planta de xardín moi popular arredor do mundo, particularmente en Europa.
O piñeiro Khasi (Pinus kesiya)
O piñeiro Khasi (Pinus kesiya) é unha especie de crecemento rápido de Asia, que non é atopada apenas en cultivo fóra do seu lugar de orixe. As árbores medran ata os 30–35 metros, e os troncos poden acadar un diámetro de 1 metro. As follas están agupadas en tríos, e cada unha ten 15–20 cm. Os froitos (piñas) teñen 5 a 9 cm de longo e a semente de 1,5 a 2,5 cm.
A faia india Pongamia pinnata

Pongamia pinnata
A faia india Pongamia pinnata (outros nomes: árbore Honge, árbore Pongam, Panigrahi) é unha árbore caducifolia, de 15–25 meters de atura, que pertence á familia Fabaceae. Ten unha copa ampla con numerosas flores pequenas, brancas, rosadas ou violetas. É orixinaria da India, pero atópase amplamente cultivada no sueste de Asia.
mércores 10.3.2010 22:32 | Imprima | Plantas exóticas
Loto indio (Nelumbo nucifera)

A flor do loto indio
O loto indio (Nelumbo nucifera) é unha marabillosa planta acuática con follas de cor verde clara que aboian na auga. As flores rosadas atópanse en talos grosos que sobresaen varios centímetros sobre a auga.
luns 8.3.2010 22:12 | Imprima | Plantas acuáticas
Acerca de KPR

Comparta as súas experiencias sobre o cultivo das plantas. ¡Escriba un artigo sobre xardinería, plantas, o cultivo das plantas, etc, e publíqueo na edición na súa linguaxe do noso xornal Botanix! Contacte connosco para máis detalles.