A faia india Pongamia pinnata
Pongamia pinnata
A faia india Pongamia pinnata (outros nomes: árbore Honge, árbore Pongam, Panigrahi) é unha árbore caducifolia, de 15–25 meters de atura, que pertence á familia Fabaceae. Ten unha copa ampla con numerosas flores pequenas, brancas, rosadas ou violetas. É orixinaria da India, pero atópase amplamente cultivada no sueste de Asia.
Pongamia pinnata é unha árbore tropical resistente, tolerante ó calor e á luz do sol. Grazas ó seu potente sistema radicular, tolera tamén a seca. Medra de xeito natural en solos areosos ou rochosos, incluíndo os calcarios, pero pode ser cultivado con éxito en case tódo-los tipos de chans, incluíndo os salinos.
Cultívase frecuentemente en zonas secas e é a miúdo usado para usos paisaxísticos como cortaventos ou para dar sombra. A codia é usada para facer cordas, e a goma negra que produce foi usada no pasado para tratar feridas causadas por peixes velenosos.
Os seus nódulos radiculares promoven a fixación do nitróxeno, proceso simbiótico polo cal o nitróxeno atmosférico (N2) é convertido en NH4+ (unha forma de nitróxeno asimilable polas plantas); así, este pode ser uado para fertiliza-lo solos pobres en nutrintes. Aínda que toda a planta é tóxica, o seu zume e o aceite das sementes son antisépticos. O aceite é usado para lámpadas, para facer xabón, coma lubricantes, e para producir biodiésel.
««« Artigo anterior: Loto indio (Nelumbo nucifera) Artigo seguinte: O piñeiro Khasi (Pinus kesiya) »»»
mércores 10.3.2010 22:32 | Imprima | Plantas exóticas
Acerca de KPR
Comparta as súas experiencias sobre o cultivo das plantas. ¡Escriba un artigo sobre xardinería, plantas, o cultivo das plantas, etc, e publíqueo na edición na súa linguaxe do noso xornal Botanix! Contacte connosco para máis detalles.