Botanix - Unha publicación sobre plantas e xardinería

Botanix Edición Galega

O piñeiro Khasi (Pinus kesiya)

O piñeiro Khasi (Pinus kesiya) é unha especie de crecemento rápido de Asia, que non é atopada apenas en cultivo fóra do seu lugar de orixe. As árbores medran ata os 30–35 metros, e os troncos poden acadar un diámetro de 1 metro. As follas están agupadas en tríos, e cada unha ten 15–20 cm. Os froitos (piñas) teñen 5 a 9 cm de longo e a semente de 1,5 a 2,5 cm.

A orixe do piñeiro Khasi (Pinus kesiya) é a rexión do Himalaia, do noreste da India (actualmente debido ó uso para minería só nos montes Khasi e Naga Mt nos estados de Meghalay e Manipur), China (a provincia de Yunnan), Birmania (Myanmar), o norte de Tailandia, Laos, Vietnam (Lai Chau, Lang Son, Cao Bang, Quang Ninh) e as illas Filipinas (Luzon). Os piñeiros das Filipinas son ás veces identificados coma unha especie separada chamada Pinus insularis. Na China atópase unha especie similar chamada piñeiro de Yunnan (Pinus yunnanensis)

Esta especie é atopada en ladeiras cun abano de árbores mesturadas medrando en solo vermello e amarelo, pobre, acedo (cun pH de 4’5) e a unha altitude de 800–2000 metros pero fundamentalmente entre 1200 e 1400 m. A área ten un clima subtropical cun período húmido de precipitacións moi abondosas e outro seco.

Esta planta e algo tolerante ás xeadas, pero é moi sensible ás xeadas tardías durante o período de crecemento.

Outros nomes da planta: Pinus khasya, Pinus khasyanus

««« Artigo anterior: A faia india Pongamia pinnata Artigo seguinte: Palmeira tolerante ás xeadas Rhapidophyllum hystrix (a palmeira agulla) »»»

xoves 11.3.2010 22:33 | Imprima | Coníferas

Acerca de KPR

KPR - Club de Xardineiros de Eslovaquia
KPR - Club de Xardineiros é unha organización internacional de xardineiros. Lea máis...
Comparta as súas experiencias sobre o cultivo das plantas. ¡Escriba un artigo sobre xardinería, plantas, o cultivo das plantas, etc, e publíqueo na edición na súa linguaxe do noso xornal Botanix! Contacte connosco para máis detalles.