Palmeira tolerante ás xeadas Rhapidophyllum hystrix (a palmeira agulla)
Rhapidophyllum hystrix
Rhapidophyllum hystrix é unha das especies de palmeira máis tolerantes ó frío. Só hai unha especie no xénero Rhapidophyllum. O hábitat natural desta palmeira son as zonas húmidas do sueste dos Estados Unidos de América; nembargantes, debido á súa tolerancia ás xeadas que é de ata – 20 °C, é unha planta de xardín moi popular arredor do mundo, particularmente en Europa.
Esta é unha especie de palmeira resistente, que medra só ata 1–3 metros de altura, con moitas atractivas espiñas no tronco. Rhapidophyllum hystrix é unha palmeira de abano pequena e arbustiva, que produce moitos chupóns, creando eses talos múltiples un grupo de anchura indeterminada e que medra co tempo, de talos moi xuntos que acaban por formar unha maraña impenetrable. A palma agulla non forma un tronco senón unha coroa de follas de crecemento lento ata 1,2 m de longa e uns 17,8 cm de diámetro. Os talos están compostos das bases das follas vellas, fibras e espiñas longas e delgadas. Son usualmente erectos pero en grupos vellos poden inclinarse ou medrar prostrados, pola competencia pola luz e o espacio. Cando o talo madura, van medrando máis espiñas de entre as bases das folla As sementes deben ser sementadas nun solo húmido e mantidas a unha temperatura duns 20 °C. Durante os 3 primeiros anos, é recomendable mante-las plantas afastadas das xeadas. A palmeira agulla prefire un lugar húmido ó sol ou á sombra, pero xeralmente require máis sol ó aumenta-la latitude. Teñen mellor aspecto, nembargantes, en sombra parcial; cando medran a pleno sol a coroa tende a ser bastante compacta e as follas perden a súa cor verde escura. As plantas de máis de 3 anos poden permanecer fóra no xardín todo o ano se vostede vive nunha zona onde as temperaturas non baixan de –10 °C; en zonas frías necesita darlle protección invernal de abondo cando as temperatura caiga por debaixo de –10 °C. Como palmera resistente ás xeadas require un solo ben drenado e unha orientación sur; o meirande enimigo desta palmeira durante o inverno no son as xeadas senón o solo demasiado húmido. A combinación de baixas temperaturas e demasiada auga destruirá as raíces. Esta palmeira é capaz de sobrevivir xeadas de ata –15 a –20 °C; a temperatura máis baixa rexistrada á que sobrevivíu foi –28 °C.
Palmeiras tolerantes á
xeadas á venda
««« Artigo anterior: O piñeiro Khasi (Pinus kesiya) Artigo seguinte: Mangos de Indonesia »»»
Acerca de KPR
Comparta as súas experiencias sobre o cultivo das plantas. ¡Escriba un artigo sobre xardinería, plantas, o cultivo das plantas, etc, e publíqueo na edición na súa linguaxe do noso xornal Botanix! Contacte connosco para máis detalles.