Árbore do pan Artocarpus odoratissimus, Marang
O xénero da árbore do pan (Artocarpus) consiste nunhas 60 especies de árbores tropicais sempreverdes da familia Moraceae (familia da moreira ou da figueira). Están presentes no sueste de Asia e as illas do Pacífoco. A árbore do pan está estreitamente emparentada cos Ficus (Figueiras). A árbore do pan máis cultivada é Artocarpus altilis. Outras especies coma Artocarpus communis, Artocarpus integer (Cempedak), Artocarpus heterophyllus (Jackfruit, Nangka) e Artocarpus odoratissimus (Marang) son parte tamén da familia da árbore do pan.
Neste artigo presentarémolle o Marang (Artocarpus odoratissimus), árbore sempreverde da illa de Borneo en Indonesia; nembargantes, é cultivado amplamente para os mercados locais nos países veciños de Malasia, Tailandia e as Filipinas. É coñecido nas linguaxes locais coma Atau, Keiran, Loloi, Madang, Marang, Pi-ien, Pingan, Tarap, Terap, and Khanun Sampalor. Esta especie é descoñecida fóra dos países mencionados. En estado espontáneo vivie en solo areoso en selvas a unha altitude duns 1000 m sobre o nivel do mar.
A árbore de Artocarpus odoratissimus medra ata uns 25 metros de altura, e as súas follas son duns 16 a 50 cm de longas e 11 a 28 cm de largas.
Ó ser monoico, unha planta é dabondo para a producción de froito. O froito desas árbores é verde, de forma ovoide, de 16cm de longo e 13cm de largo, pesa arredor de 1kg cada ún e é consumido crú ou cociñado. As sementes deben nembargantes ser cociñadas sempre antes de ser consumidas.
A árbore do pan é un alimento vital para os pobos do sueste de Asia. O interior do froito é branco puro, mentres que o froito en si é moi doce, afroitado, aromático, e ule como o durión (Durio, o froito máis cheirento do mundo).
O mellor método para espalla-lo Marang Artocarpus odoratissimus é por semente. As sementes frescas xerminan ben e os gromos aparecen nunha semana; nembargantes, a viabilidade das sementes redúcese despóis de almacenalas unhas 3 semanas Por isto as sementes deben ser sementadas un solo areoso e ben drenado en canto son colleitadas. A reproducción vexetativa é menos exitosa e as pragas e enfermidades raramente atacan estas árbores.
A árbore do pan tolera ó frío; debido á súa orixe tropical a temperatura mínima non debería baixar de 7 °C. En áreas tropicais ou subtropicais a árbore do pan pode medrar no xardín, pero debería manterse dentro da casa ou nun invernadoiro en zonas onde aparecen as xeadas.
««« Artigo anterior: Palmeira Parajubaea torallyi (Palmeira Chico, cocoteiro de montaña de Bolivia) Artigo seguinte: Mango Kalimantan, Kasturi (Mangifera casturi) »»»
martes 23.3.2010 22:07 | Imprima | Plantas exóticas
Acerca de KPR
![KPR - Club de Xardineiros de Eslovaquia](http://www.kpr-eshop.eu/data/pictures/kpr_logo_old_small.gif)
Comparta as súas experiencias sobre o cultivo das plantas. ¡Escriba un artigo sobre xardinería, plantas, o cultivo das plantas, etc, e publíqueo na edición na súa linguaxe do noso xornal Botanix! Contacte connosco para máis detalles.