Botanix - Unha publicación sobre plantas e xardinería

Botanix Edición Galega

Mango Kalimantan, Kasturi (Mangifera casturi)

O mango Kalimantan (Mangifera casturi), coñecido localmente coma Kasturi, é unha árbore froiteira tropical de 10–30 m de altura, endémica dunha área moi pequena arredor de Banjarmasin no sur de Borneo (Indonesia). Hoxe en día está extinguido no medio natural debido á tala ilegal; nembargantes é aínda frecuentemente cultivado nesa área polos seus deliciosos froitos.

O tamaño do froito do mango Kalimantan (Mangifera casturi) é relativamente pequeno comparado con outras especies de mangos. Pesa 50 a 84 gramos. Mentres non está maduro o seu color é verde, ó madurar cambia a pardo ou purpúreo-negrizco, coa superficie lustrosa. A coloración é ún dos xeitos de determina-la pertenza a unha das veriedades de M. casturi. Hai 3 variedades rexistradas de Mangifera casturi – Kasturi, Mangga Cuban e Pelipisan; a máis popular é Kasturi a causa da súa fragancia. A Mangga Cuban e a Pelipisan son a miúdo cosideradas coma especies separadas. A Pelipisan pode ter unha doce fragancia coma a Kasturi que indica que e moi probablemente un híbrido deste. Moita investigación ten levarse a cabo para defini-lo seu estatus.

A carne desta froita é de cor alaranxada e textura fibrosa, cunha fragancia doce única. Se o comparamos co mango (Mangifera indica), o Kasturi sabe menos dóce pero ten un sabor máis intenso e un aroma máis suave. A carne do froito é rica en fibra.

O Kasturi é moi popular entre a xente do sur de Borneo amén de ras rexións viciñas. A fragancia dos froitos é tan agradable que hai unha vella canción acerca disto: “Seharum kasturi, seindah pelangi, semuanya bermula.” O que significa: “Oh, tan fragante comoa o Kasturi, tan fermoso coma os arcos da vella. Este amor comeza a súa viaxe.”

A tala ilegal causou a extinción desta árbore en estado silvestre. As árbores vellas de mango Kalimantan están en perigo de extinción debido á calidade da súa madeira. As árbores son frecuentemente cultivadas a pequena escala polos pobos locais nas súas hortas ou en pequenas granxas.

Ó contrario que as froiteiras de medre rápido, o mango Kalimantan non é plantado a grande escala en Indonesia debido ó seu medre lento. As palntacións do mango Kalimantan podrían só ser atopadas na área de Mataraman no distrito de Banjar (o distrito de Banjar non é o mesmo que o de Banjarmasin). A xente de Mataraman probou cunha plantación a pequena escala en 1980 e a primeira colleita foi en 2005. Aínda que o froito é localmente abondoso, todavía non satisfai a demanda.

Os usos de mango Mango trees están limitados ó froito e a madeira. Aínda que as árbores vellas teñen troncos que exceden de 1 m de diámetro, o pobo Banjar (un grupo étnico nativo do interior e da costa que se asentou no sur de Borneo), tende a usa-los froitos somentes debido ó longo período de crecemento da árbore. Por esta razón, o pobo Banjar escolle outras árbores cunha calidade da madeira igual ou maior como a súa fonte de madeira. Colle-lo froito non é sinxelo popis as árbores de Kasturi medran moi altas e hai que escalar moi altas para collelas – o froito caído no chan é de moita menos calidade.

O froito pode ser comido en fresco ou procesado en marmeladas de Kasturi; estas nembargantes raramente chegan ós mercados, pois os mesmos granxeiros as consumen.Outros productos feitos cos mangos son puré, zume ou dodol (galletas tradicionais). Eses productos son nembargantes bastante difíciles de atopar pois o froito en fresco ten moita demanda e é ún dos froitos favoritos do pobo Banjar. Os froitos son bastante caros ¡pero ó pobo Banjar págalle a pena a causa do seu marabilloso sabor!

««« Artigo anterior: Árbore do pan Artocarpus odoratissimus, Marang Artigo seguinte: A medranza do mango a partir de semente »»»

xoves 25.3.2010 22:08 | Imprima | Plantas exóticas

Acerca de KPR

KPR - Club de Xardineiros de Eslovaquia
KPR - Club de Xardineiros é unha organización internacional de xardineiros. Lea máis...
Comparta as súas experiencias sobre o cultivo das plantas. ¡Escriba un artigo sobre xardinería, plantas, o cultivo das plantas, etc, e publíqueo na edición na súa linguaxe do noso xornal Botanix! Contacte connosco para máis detalles.