A flor do loto indio
O loto indio (Nelumbo nucifera) é unha marabillosa planta acuática con follas de cor verde clara que aboian na auga. As flores rosadas atópanse en talos grosos que sobresaen varios centímetros sobre a auga.
A flor do loto indio é considerada sagrada e usada polos budistas durante cerimonias reilixiosas. A planta enteira é aptra para o consumo humano, aínda que sobre todo as sementes e o rizoma son usados na cociña tradicional no sudeste asiático. O loto indio é unha planta de lagos e lagoas que pode medrar nas mesmas condicións que o nenúfar ou tapadeira. Non é difícil facer medra-la planta nas nosas condicións; ¡ún debe só saber como!
Para obte-lo loto indio de semente, a cuberta dura externa da semente debe ser ser escarificada lixeiramente (frotando ou lixando) con papel de lixa . Esto permite a penetración da auga, sen a cal a semente non pode comezar a xerminar. Se a cuberta dura permanece intacta, a semente ficará viable durante séculos; nembargantes, posta na auga, pode tardar uns poucos anos en xerminar.
Sementes do loto indio xerminando
Como sabe cando lixou dabondo a cuberta dura da semente?
Ún pode sabelo polo volume crecente da semente posta na auga. Se a semente dobra o seu tamaño en 24 horas non é necesario lixar máis; se non, necesita lixar máis a cuberta da semente, volva a poñe-la semente en auga outras 24 horas, e comprobe o seu tamaño. Este proceso debe ser repetido ata que a semente dobre o seu tamaño.
A semente só necesita auga…
Unha vez que o lixado é completado con éxito, poña a semente nun recipiente con auga. A temperatura ideal da auga no comezo do proceso xerminativo é de entre 27°C e 28°C (aínda que a semente poida dobra-lo seu tamaño cunha temperatura de só 20°C). A esta temperatura a semente xermina rápidamente e o agromo aparecerá nunha semana. Vexa as fotografías de documentación en .
En canto emerxa a primeira folla, plante a semente gromando nun substrato lamacento ou en grava de acuario no fondo dun contenedor (acuario, estanque).O nivel da auga no contenedor debería manterse polo menos 30 cm por riba do nivel do substrato. Se o medio empregado é grava de acuario, o loto indio pode medrar doadamente nun acuario con peixes.
Gradualmente, ó medra-la planta, necesitará máis espacio. Pode tela nun estanque nun xardín , invernadoiro, ou calquera outro lugar lonxe da temperatura de conxelación. A temperatura ideal para o cultivo do loto indio é entre 20°C e 35°C.
Nas nosas condicións climáticas, os temperaturas menores son máis comúns pero a planta sobrevivirá sen problemas. No verán pode leva-lo loto indio a un estanque ó exterior pero no inverno debe nanterse no interior. No peor dos casos, pode hibernar nun soto húmido como o nenúfar.
O xeito ideal de cultiva-lo loto indio é usar recipientes de cemento con capacidade de 60 a 80 litros de auga –custan uns 10 Euros cada ún. Use o seguinte método: Poña as sementes xerminadas nun substrato lamacento ou en grava de acuario dentro dunha maceta e poña a maceta dentro do recipiente. Para os mellores resultados de cultivo, encha o recipiente con auga ata arriba de todo.
A ventaxa de usar un recipiente de cemento é que pode pórse doadamente no seu xardín de inverno ou no seu apartamento. No último caso, é recomendable que sexa colocado preto dunha fiestra (preferentemente dun balcón) para asegurar que o loto indio estea exposto a moita luz e calor. No verán pode poñe-lo recipiente no lado sur do balcón ou no xardín. Como pode ver, pode terse doadamente a planta do loto indio ¡incluso nun edificio de apartamentos!
Printed from neznama adresa