Árbore do pan Artocarpus odoratissimus, Marang

O xénero da árbore do pan (Artocarpus) consiste nunhas 60 especies de árbores tropicais sempreverdes da familia Moraceae (familia da moreira ou da figueira). Están presentes no sueste de Asia e as illas do Pacífoco. A árbore do pan está estreitamente emparentada cos Ficus (Figueiras). A árbore do pan máis cultivada é Artocarpus altilis. Outras especies coma Artocarpus communis, Artocarpus integer (Cempedak), Artocarpus heterophyllus (Jackfruit, Nangka) e Artocarpus odoratissimus (Marang) son parte tamén da familia da árbore do pan.

Neste artigo presentarémolle o Marang (Artocarpus odoratissimus), árbore sempreverde da illa de Borneo en Indonesia; nembargantes, é cultivado amplamente para os mercados locais nos países veciños de Malasia, Tailandia e as Filipinas. É coñecido nas linguaxes locais coma Atau, Keiran, Loloi, Madang, Marang, Pi-ien, Pingan, Tarap, Terap, and Khanun Sampalor. Esta especie é descoñecida fóra dos países mencionados. En estado espontáneo vivie en solo areoso en selvas a unha altitude duns 1000 m sobre o nivel do mar.

A árbore de Artocarpus odoratissimus medra ata uns 25 metros de altura, e as súas follas son duns 16 a 50 cm de longas e 11 a 28 cm de largas.

Ó ser monoico, unha planta é dabondo para a producción de froito. O froito desas árbores é verde, de forma ovoide, de 16cm de longo e 13cm de largo, pesa arredor de 1kg cada ún e é consumido crú ou cociñado. As sementes deben nembargantes ser cociñadas sempre antes de ser consumidas.

A árbore do pan é un alimento vital para os pobos do sueste de Asia. O interior do froito é branco puro, mentres que o froito en si é moi doce, afroitado, aromático, e ule como o durión (Durio, o froito máis cheirento do mundo).

O mellor método para espalla-lo Marang Artocarpus odoratissimus é por semente. As sementes frescas xerminan ben e os gromos aparecen nunha semana; nembargantes, a viabilidade das sementes redúcese despóis de almacenalas unhas 3 semanas Por isto as sementes deben ser sementadas un solo areoso e ben drenado en canto son colleitadas. A reproducción vexetativa é menos exitosa e as pragas e enfermidades raramente atacan estas árbores.

A árbore do pan tolera ó frío; debido á súa orixe tropical a temperatura mínima non debería baixar de 7 °C. En áreas tropicais ou subtropicais a árbore do pan pode medrar no xardín, pero debería manterse dentro da casa ou nun invernadoiro en zonas onde aparecen as xeadas.


imaxe

froitos do Marang Artocarpus odoratissimus, Borneo, Indonesia

imaxe

Froitos do Marang Artocarpus odoratissimus, Borneo, Indonesia

imaxe

Froitos do Marang Artocarpus odoratissimus, Borneo, Indonesia

imaxe

Detalle dos foitos do Marang Artocarpus odoratissimus, Borneo, Indonesia

imaxe

Detalle dos froitos do Marang Artocarpus odoratissimus, Borneo, Indonesia

imaxe

Detalle dos froitos do Marang Artocarpus odoratissimus, Borneo, Indonesia

Printed from neznama adresa